-Subvenciˇns a festivais do sector audiovisual: convocatoria

[28/12/2015] O Diario Oficial de Galicia (DOG) Núm. 246, de 28 de decembro de 2015, publica as bases das subvencións a festivais do sector audiovisual e se convocan para o ano 2016.

Prazo de solicitude:
Do 29 de decembro de 2015 ao 28 de xaneiro de 2016.

Dotación:
105.000 euros

Obxecto:
Enténdense por festivais aqueles certames, semanas e mostras que teñan por obxecto a promoción e difusión da produción cinematográfica e audiovisual e se celebren en Galicia.

Beneficiarios:

Persoas físicas e xurídicas de carácter privado domiciliadas en Galicia ou nun  territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia, así como as entidades locais galegas, que leven a cabo algún dos festivais descritos no obxecto da convocatoria e cumpran os requisitos referidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia.

Requisitos:
Para poder optar ás subvencións, o festival ten que cumprir os requisitos seguintes:
-Que se leve a cabo entre o 1 de novembro de 2015 e o 31 de outubro de 2016. Enténdense incluídos os festivais iniciados ata o día 31 de outubro.
-Ter unha duración mínima de catro xornadas e realizar un mínimo de 20 proxeccións.
-Ter realizado un mínimo de tres edicións consecutivas inmediatamente anteriores á publicación desta convocatoria.
-Que a programación proposta para a edición obxecto de axuda conteña un mínimo dun 5% de títulos ou cinco sesións de produción cinematográfica galega e/ou dirección galega.

-Bases publicadas no DOG
-Acceso á tramitación en liña
-Modelo de solicitude