-Convocatoria para a inscrición de espectáculos e concertos en Cultura no Camiño 2015

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Turismo de Galicia poñen en marcha  a terceira edición de Cultura no Camiño. Conmemoración do VIII centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís, unha programación cultural destinada aos concellos polos que discorren os diferentes Camiños de Santiago e que se desenvolverá entre o 15 de abril ao 30 de setembro.
 
Para a configuración do catálogo de espectáculos e concertos que van ser ofertados neste programa, a Agadic abre un prazo do 2 ao 23 de febreiro para que todas as compañías e grupos interesados poidan inscribir os seus espectáculos/concertos a través da páxina web:  www. galescena.info.
 
Poderán inscribirse neste programa espectáculos de teatro, danza, narración oral, novo circo, maxia e concertos de música de calquera modalidade, producidos e distribuídos por empresas dedicadas profesionalmente ás artes escénicas ou musicais (quedan excluídas as asociacións culturais) con sede na Comunidade Autónoma de Galicia.
 
Instrucións para grupos e compañías que xa están dados de alta en galescena:
 
-Entrar na páxina www.galescena.infoe introducir o voso usuario e contrasinal.
 
-Comprobar na pestana de datos da compañía que estean cubertos todos os datos de facturación.
 
-Na pestana de espectáculos/concertos da compañía aparecerán os espectáculos creados.
 
-Revisar toda a información de cada un dos espectáculos/concertos e modificar todo o que se estime oportuno. Tamén se pode crear un novo espectáculo/concerto.
 
-Unha vez modificado ou creado o espectáculo/concerto, voltar á pestana INICIO e asociar os espectáculos á Rede Cultura no Camiño. Se non realizades este último paso, os espectáculos non aparecerán na oferta.

-Unha vez rematado todo o proceso, os espectáculos/concertos pasarán a ser ofertados neste programa.

Instrucións para grupos e compañías que NON están dados de alta en galescena:
 
-Entrar na páxina www.galescena.info e solicitar a alta como grupo ou compañía.
 
-Una vez confirmada a alta pola Agadic (a través do correo electrónico), volver entrar na páxina co nome de usuario e contrasinal confirmados.
 
-Accédese así á zona privada, na que na pestana de espectáculos/concertos da compañía hai que crear o espectáculo ou concerto que se propón á rede Cultura no Camiño.
 
-Unha vez creado o espectáculo/concerto, voltar á pestana INICIO e asociar os espectáculos á Rede  Cultura no Camiño.  Se non realizades este último paso, os espectáculos non aparecerán na oferta.
 
-Unha vez rematado todo o proceso, os espectáculos/concertos pasarán a ser ofertados neste programa.

Para calquera aclaración, os contactos co departamento de programación son:
 
programacionagadic.1@xunta.es
programacionagadic.2@xunta.es

Teléfonos: 881 996 087 e 881 996 088