-Subvenciˇns para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produciˇn galega: convocatoria

[02/03/2015]  A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG núm. 41 do 2 de marzo de 2015 as bases das súas subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega para o ano 2015.

Dotación:
O importe global máximo destas subvencións será de 185.000 euros, distribuído entre as anualidades 2015 e 2016: 25.000 euros con cargo ao exercicio 2015 e 160.000 euros con cargo ao exercicio 2016.

Beneficiarios:
Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes cunha antigüidade dun ano, con sucursal ou oficina permanente polo menos un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou ben nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a área económica europea, e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.

Modalidades de desenvolvemento de proxectos:
a) Longametraxes cinematográficas de ficción, animación e documentais, cunha duración superior aos 60 minutos.
b) Longametraxes e miniseries de ficción para televisión. As miniseries deberán ser de dous capítulos cunha duración mínima de 52 minutos cada un.
c) Series de animación para televisión cunha duración mínima global de 130 minutos.
d) Pilotos de programas para televisión que destaquen por ofrecer formatos innovadores e alto potencial de internacionalización.

Prazo de presentación:
Do 3 de marzo ao 4 de abril de 2015


Presentación das instancias:
Preferiblemente por vía electrónica a través do portal https://sede.xunta.es. De xeito alternativo, tamén se poden presentar en soporte papel por calquera dos medios que se especifican nas bases e utilizando o formulario normalizado que se pode descargar nese mesmo portal.

-Bases publicadas no DOG
-Acceso á tramitación en liña
-Modelo de solicitude