-Subvencións á produción escénica: convocatoria

[28/12/2015] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca subvencións á produción escénica, en calquera das súas modalidades e disciplinas artísticas, para espectáculos de compañías profesionais con actividade en Galicia que sexan estreados entre o 1 de abril de 2016 e o 31 de marzo de 2017. A produción deberá iniciarse no exercicio 2015. As bases están publicadas no Diario Oficial de Galicia núm. 246 do 28 de decembro de 2016.

Prazo de solicitude:
Do 29 de decembro de 2015 ao 28 de xaneiro de 2016
 
Dotación:
600.000 euros

Modalidades:
1. Subvencións á produción de espectáculos de empresas de nova creación e con proxectos que non superen os 20.000 euros de orzamento.
2. Subvencións á produción de espectáculos de pequeno formato, que son aqueles compostos por un máximo de tres actores, actores-manipuladores, bailaríns ou músicos en escena, e que non superen os 30.000 euros de orzamento.
3. Subvencións á produción de espectáculos de mediano formato, que son aqueles compostos por entre catro e sete actores, actores-manipuladores, bailaríns ou músicos en escena e que non superan os 60.000 euros de orzamento.
4. Subvencións á produción de espectáculos de gran formato, que son aqueles compostos por máis de sete actores, actores-manipuladores, bailaríns ou músicos en escena e que non superan os 80.000 euros de orzamento.
 
Beneficiarios:
Persoas físicas ou xurídicas, así como sociedades civís e comunidades de bens –ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia–, así como unións temporais de empresas dedicadas profesionalmente á produción de actividade escénica, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade en Galicia. Quedan exceptuadas as asociacións e restantes entidades sen fins de lucro. 

No suposto da modalidade 1 (empresas de nova creación), ademais dos requisitos anteriores, é preciso que a antigüidade da compañía non sexa superior a 5 anos. Para estes efectos, a constitución e a antigüidade da compañía contabilizaranse desde a última data da alta no IAE, na actividade de produción ou distribución de espectáculos de artes escénicas.

-Bases publicadas no DOG
-Anexos (corrección de erros. DOG núm. 3, do 7 de xaneiro de 2016)
-Acceso á tramitacion en liña

-Corrección de erros (DOG núm. 5, do 11 de xaneiro de 2016)