-Subvenciˇns a salas de artes escÚnicas: convocatoria

[28/12/2015] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica no DOG núm. 246, do 28 de decembro de 2015, as bases da convocatoria de subvencións a salas de artes escénicas para o ano 2016.

Prazo de presentación
Do 29 de decembro de 2015 ao 28 de xaneiro de 2016

Dotación
70.000 euros


Beneficiarios
Persoas físicas ou xurídicas xestoras de salas de artes escénicas de titularidade privada con capacidade igual ou inferior a 250 localidades que presenten un proxecto de programación artística para o ano 2016. Exclúense salas cuxa titularidade pertenza á asociacións ou outras entidades sen ánimo de lucro. O solicitante deberá probar a dispoñibilidade da sala mediante copia da escritura de propiedade, contrato de alugamento ou outros documentos válidos en dereito, e deberá estar en posesión da licenza de apertura da sala para a que solicita a axuda na actividade correspondente.

Presentación das solicitudes
Preferiblemente por vía electrónica a través do porta https://sede.xunta.es. De xeito alternativo, tamén se poden presentar en soporte papel por calquera dos medios que se especifican nas bases e utilizando o formulario normalizado que se pode descargar nese mesmo portal.

- Bases publicadas no DOG
- Acceso á tramitación en liña
- Modelo de solicitude