-Subvenciˇns para a asistencia ao MICA (Mercado de Industrias Culturais Arxentinas) e ao Womex (World Music Expo)

[19/06/2015] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG núm. 115, do 19 de xuño de 2015, as bases das subvencións á asistencia ao MICA (Mercado de Industrias Culturais Arxentinas) e ao Womex (World Music Expo) para o ano 2015.
 
Prazo de presentación:
Do 20 de xuño ao 20 de xullo de 2015
 
Beneficiarios:
Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas e xurídicas de carácter privado, dedicadas profesionalmente á produción ou distribución de bens ou servizos culturais, con ánimo de lucro, domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, con establecemento operativo en Galicia, que asistan como profesionais invitados ao MICA en Bos Aires (do 3 ao 6 de setembro de 2015) ou ao Womex en Budapest (do 21 ao 25 de outubro de 2015), inscritos como profesionais, e que desempeñen a súa actividade profesional en Galicia.
 
Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
 
Importes e límites:
1. O importe máximo para o financiamento das axudas incluídas nesta convocatoria é de 30.000 euros.
 
2. A contía máxima das subvencións será do 60 % dos gastos subvencionables, cun límite de 1.500 euros por entidade e evento.
 
Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á realización do proxecto e se inclúan entre os seguintes: viaxes de avión, os de aloxamento e mantenza durante os días do evento, así como os dereitos ou as cotas de asistencia, tendo en conta os seguintes máximos na adxudicación:

Para o MICA:

  • Mantenza: un máximo de 60 euros por persoa e día.
  • Aloxamento: un máximo de 80 euros por persoa e día.
  • Gastos de avión: un máximo de 700 euros por persoa.
Para o Womex:
  • Mantenza: un máximo de 60 euros por persoa e día.
  • Aloxamento: un máximo de 60 euros por persoa e día.
  • Gastos de avión: un máximo de 300 euros por persoa.

Presentación das instancias:
Preferiblemente por vía electrónica a través do portal https://sede.xunta.es. De xeito alternativo, tamén se poden presentar en soporte papel por calquera dos medios que se especifican nas bases e utilizando o modelo de solicitude que se pode descargar nese mesmo portal.

-Bases publicadas no DOG
-Acceso á tramitación en liña
-Modelo de solicitude