Avisos
-Subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego: resolución
[23/09/2015] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fai pública a adxudicación dun total de 2.000.000 euros en axudas a 11 produtoras ao abeiro da convocatoria de subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego (corrección de erros no DOG núm. 99 do 28 de maio) para o ano 2015. Esta é a listaxe dos proxectos subvencionados e contías adxudicadas:
Mod. | Produtora | Proxecto |
Importe total adxudicado |
Anualidade 2015 |
Anualidade 2016 |
Anualidade 2017 |
A1 | Zeitun Films, S.L. | Tempo vertical | 143.520,00 € | 14.009,04 € | 42.884,52 € | 86.626,44 € |
A1 | Frida Films, S.L. | Semana grande | 237.551,00 € | 23.187,45 € | 70.981,48 € | 143.382,07 € |
A1 |
Matriuska Producciones, S.L. |
A estación violenta | 257.347,00 € | 25.119,75 € | 76.896,62 € | 155.330,63 € |
A1 |
Maruxiña Film Company, S.L. |
A visitante | 257.347,00 € | 25.119,75 € | 76.896,62 € | 155.330,63 € |
A2 | Vaca Films Studio, S.L. |
Kidnapped / Secuestrados (remake) |
237.551,00 € | 23.187,45 € | 70.981,48 € | 143.382,07 € |
B | Ficción Producciones, S.L. | Día de mortos | 257.347,00 € | 25.119,75 € | 76.896,62 € | 155.330,63 € |
B | Ladybug Films, S.L. |
Memorias dun home en pixama |
257.347,00 € | 25.119,75 € | 76.896,62 € | 155.330,63 € |
C | Esferobite, S.C. | Versogramas | 38.226,00 € | 3.731,25 € | 11.422,13 € | 23.072,62 € |
D | Juan Carlos Pena Babío | Peixes | 11.877,00 € | 5.938,50 € | 5.938,50 € | |
E1 | Zenit Televisión, S.A. | Contou Rosalía | 257.347,00 € | 25.119,75 € | 76.896,62 € | 155.330,63 € |
E2 | Agallas Films, S.L. | A batalla descoñecida | 44.540,00 € | 4.347,56 € | 13.308,79 € | 26.883,65 € |
Modalidades
A1. Longametraxes cinematográficas de ficción cun orzamento inferior a 1.200.000 euros
A2. Longametraxes cinematográficas de ficción cun orzamento superior a 1.200.000 euros
B. Longametraxes cinematográficas de animación
C. Longametraxes cinematográficas documentais
D. Curtametraxes de ficción, animación e documental
E1. Longametraxes e miniseries televisivas
E2. Longametraxes documentais para televisión
Comisión de valoración
Presidente:
Jacobo Sutil Nesta
Vogais:
Montserrat Besada Besada
Manuel Monzón Fueyo
Jaime Pena Pérez
Purificación Seixido Gómez
Secretaria:
Mª Dolores Meijomín Rodríguez