-Contratación con carácter temporal dun/ha experto/a en audiovisuais: lista definitiva de aspirantes

[28/09/2016]  O tribunal, en sesión celebrada o día 26 de setembro de 2016, acorda a publicación da lista definitiva de aspirantes, con expresión da puntuación obtida coa correspondente orde de prelación, de conformidade coa base quinta da convocatoria, entendéndose desestimadas aquelas alegacións que non se inclúan na puntuación.

Candidatos/as Experiencia Formación Galego Total
Flores Seijas Natalia Elena 0,7 0,6 0,75 2,05
Paz Morandeira Víctor 0 0,7 0,75 1,45
Moniño Leis Rubén Antonio 0 0,6 0,75 1,35
Martínez Delgado Ana Belén 0 0,3 1 1,30
López Gómez Alfredo Manuel 0 0,3 0,75 1,05
Figueroa Martínez Iria 0 0,1 0,75 0,85
López Gómez María Trinidad 0 0 0,75 0,75
García Trigales Javier 0 0 0,75 0,75
Vilela Díaz Lucía 0,49 0 0 0,49
Franco Salgado Andrea 0 0 0 0
Vázquez González Marcos 0 0 0 0
Seguín Estévez Noemí 0 0 0 0
Porto Diz Marta 0 0 0 0


Candidatos/as Experiencia Formación Galego Total  
González Rodríguez Xurxo 11,7 2,3 0,75 14,75 Renuncia
               
 
Derivado do anterior, a aspirante seleccionada, Natalia Elena Flores Seijas, deberá presentar no prazo de tres días, desde que se faga pública a dita lista (28 de setembro de 2016), a documentación requirida para a formalización do correspondente contrato de traballo, así como das altas tanto en nómina como na Seguridade Social. Se a candidata seleccionada non presentase toda a documentación requirida no prazo establecido, ou presentase a súa renuncia á contratación resultará automaticamente seleccionado/a o aspirante segundo da orde de prelación da lista, que deberá presentar, no prazo requirido a documentación oportuna para formalizar esta contratación. Procederase desta forma, en caso de falta de documentación en prazo ou renuncia, ata que un/unha candidato/a a presente validamente.

Contra esta proposta, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o director da Agadic no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

-Acordo do tribunal, do 26 de setembro de 2016
-Convocatoria