-Misión comercial ao European Film Market de Berlin, do 9 ao 17 de febreiro de 2017: inscrición ata o 21 de decembro

[24/11/2016] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e en colaboración co Clúster Audiovisual Galego (CLAG) e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), participará no mercado de cine European Film Market de Berlín, que terá lugar entre os días 9 e 17 de febreiro de 2017.
 
Promoverase a asistencia dunha representación de empresas galegas no mercado contribuíndo ao financiamento do 50% dos gastos correspondentes a unha persoa por compañía que se deriven da acreditación no evento (modalidade market badge), pasaxe de avión e catro noites de aloxamento.

 
Como datas de referencia, establécese a saída o venres 10 e o regreso o martes 14 de febreiro, con posibilidade de adaptalas ás axendas profesionais das persoas acreditadas.
 

PROCEDEMENTO:
1) Comunicar a participación ao correo electrónico audiovisual.agadic@xunta.es antes do 21 de decembro.
 
 O 50% do custe da acreditación deducirase da cantidade a aboar por viaxe/aloxamento.
 
3) Contactar coa axencia de viaxes (que se comunicará desde o correo audiovisual.agadic@xunta.gal), onde se facilitará información sobre as condicións finais de voos e aloxamento e, se procede, realizar a reserva. Cómpre enviar un comprobante de ter realizada a acreditación para obter o desconto equivalente e aboar a cantidade final para confirmar dita reserva.

-Web do European Film Market