-Selección de actores/actrices para a produción "Martes de Carnaval": listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas

[19/01/2017] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe alistaxe definitiva das persoas admitidas e excluídas no proceso de selección de actrices/actores para a produción de 2017 do departamento de Produción Teatral da Agadic, Martes de Carnaval (As galas do defundo e A filla do capitán), segundo a seguinte RESOLUCIÓN.
 
Esta publicación implica a desestimación das alegacións ou emendas formuladas por aqueles/as aspirantes que queden definitivamente excluídos/as.

_______________________________________


[17/01/2017]
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica unha modificación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso de selección de actores/actrices de “Martes de Carnaval”, produción de 2017 do seu Departamento de Produción Teatral, que afecta a unha solicitude:
 

   APELIDOS E NOME  ADMITIDA/O  EXCLUÍDA/O  MOTIVO
 204  Paredes Costa, Francisco Javier    X  Falta documentación (fotografía e
 mat. audiovisual que recolla a
 experiencia profesional previa)






_______________________________________


[13/01/2017]
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica unha modificación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso de selección de actores/actrices de “Martes de Carnaval”, produción de 2017 do seu Departamento de Produción Teatral, que afecta a 14 solicitudes.

A duplicación da solicitude de Carlos Iglesias Rebolo cos números 180 e 217 unifícase, asignándolle o número 180 e anulando o número 217.

   APELIDOS E NOME  ADMITIDA/O  EXCLUÍDA/O  MOTIVO
 142  López López, José Luis    X Anexo I sen asinar e non cuberto  axeitadamente (A persoa candidata declara/Documentación que se presenta/Autorización) e arquivo do CV non se pode abrir.
 180  Iglesias Rebolo, Carlos  X    
198  López Baños, José María  X    
 269  Salvado Gontad, Inés  X    
 270  Iglesias Lopardo, María
 Ángeles
 X    
 271  Gago Portas, Ana Isabel  X    
 272  Reynoso Alvarado, Basilia
 Margarita
 X    
 273  Fuentes Lagares, Cristina  X    
 274  Romay Lema, Santiago  X    
 275  Claro Rodríguez, Liliane  X    
 276  Rodríguez Piñeiro, María  X    
 277  González García, Diana  X    
 278  Picallo Piñón, Francisco Javier  X    
 279  Giménez Gendre, Luis Miguel  X    




























_______________________________________


[11/01/2017]
A Axencia Galega das Industrias Culturais fai pública a resolución do 11 de xaneiro de 2017 polo que se aproba e se resolve a publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de selección de actores/actrices para a produción de 2017 (Martes de Carnaval) do seu Departamento de Produción Teatral.
 
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de cinco días (5) hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución, para presentar as emendas correspondentes. As reclamacións poderán presentarse por vía electrónica no enderezo de correo electrónico centro.dramatico.galego@xunta.gal. Opcionalmente, tamén se poderán presentar no Rexistro da Axencia Galega das Industrias Culturais, sito na Cidade da Cultura de Galicia, ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
 
Unha vez resoltas as reclamacións, ditarase resolución na que figure o listado definitivo de persoas admitidas e excluídas. Esta publicación, de acordo coa base terceira da convocatoria, implica a desestimación das alegacións ou emendas formuladas por aqueles aspirantes que queden definitivamente excluídos/as.
 
-Resolución do 11 de xaneiro de 2017


_______________________________________


[29/12/2016] Por modificación das bases da convocatoria do proceso de selección para a contratación de 10 prazas de actrices e actores para a produción do Centro Dramático Galego no ano 2017 de Martes de Carnaval (As galas do defunto e A filla do capitán) de Ramón María del Valle-Inclán, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica as novas bases deste proceso, coa conseguinte ampliación do prazo de presentación ata o 10 de xaneiro de 2017.

-NOVAS BASES DA CONVOCATORIA


As solicitudes deberanse presentar preferiblemente por vía electrónica mediante este FORMULARIO NORMALIZADO no correo electrónico centro.dramatico.galego@xunta.gal.

_______________________________________


[19/12/2016] A Axencia Galega das Industrias Culturais convoca hoxe o proceso de selección para a contratación de 10 prazas de actrices e actores, coa categoría de protagonista (4 prazas) e de principais (6 prazas) para a produción do Centro Dramático Galego no ano 2017 de Martes de Carnaval (As galas do defunto e A filla do capitán) de Ramón María del Valle-Inclán.

O procedemento de selección constará de dúas fases: unha primeira de valoración do currículo profesional e unha segunda que consistirá nunha proba de interpretación, á que accederán aquelas perosas que superen a promeira fase.

Os requisitos das persoas candidatas, solicitudes (forma, lugar de presentación e prazo), desenvolvemento das probas, tribunal e demais especificacións son as estipuladas nas seguintes:

-BASES DA CONVOCATORIA

As solicitudes deberanse presentar preferiblemente por vía electrónica mediante este FORMULARIO NORMALIZADO no correo electrónico centro.dramatico.galego@xunta.gal. O prazo de recepción remata o próximo día 2 de xaneiro de 2017.