-Selección de actores/actrices para a produción "Martes de Carnaval": cambio de datas para a segunda fase (probas de interpretación)

[27/01/2017] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) informa de que, por motivos organizativos, as probas de selección da produción de 2017 do seu departamento de Produción Teatral (Martes de Carnaval), convocadas para os días 28, 29 e 30 de xaneiro de 2017, non poden desenvolverse nas datas indicadas e quedan adiadas ata o día 13 de febreiro. Proximamente publicaranse nesta mesma web os días e horas para cada unha das persoas candidatas.

_____________________________


-Selección de actores/actrices para a produción "Martes de Carnaval": listaxe provisional de persoas seleccionadas para a segunda fase (probas de interpretación) coas puntuacións obtidas na primeira fase

[19/01/2017]
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe, 19 de xaneiro de 2017, o ACORDO do tribunal encargado da selección de actores/actrices para a produción de 2017 do departamento de Produción Teatral da Agadic, Martes de Carnaval (As galas do defunto e A filla do capitán) coas puntuación obtidas na primeira fase de selección consistentes na valoración do currículo profesional.
 
O tribunal acorda establecer unha nota mínima de valoración da primeira fase de 19,5 puntos.
 
Segundo a base cuarta da convocatoria, para esta primeira fase de valoración do currículo profesional (valorable en 20 puntos máximo) e tendo en conta a nota mínima establecida, o tribunal acorda a publicación no taboleiro de anuncios do departamento de Produción Teatral, no taboleiro de anuncios da Agadic e na páxina web da Agadic (www.agadic.gal) da listaxe de persoas seleccionadas para a segunda fase (probas de interpretación), concedéndose un prazo de cinco días hábiles para formular as alegacións que consideren oportunas.
 
O tribunal acorda publicar, así mesmo, o CALENDARIO para a segunda fase (probas de interpretación) e a SEPARATA coa listaxe de escenas por personaxe e textos das escenas:

-CALENDARIO
-SEPARATA