-Selección de actores/actrices para a produción "Martes de Carnaval": Tribunal

[03/02/2017] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe, 3 de febreiro de 2017, o NOMEAMENTO e a MODIFICACIÓN do tribunal do proceso de selección de actores/actrices para a produción de 2017 do seu Departamento de Produción Teatral, Martes de Carnaval (As galas do defunto e A filla do capitán).

AVISO: Confírmase que as probas de interpretación da segunda fase do proceso selectivo se celebrarán entre os días 13 e 17 de febreiro de 2017.