-Selección de actrices/actores para a produción "Martes de Carnaval (As galas do defunto e A filla do capitán)": persoas seleccionadas

[09/02/2017] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe, 9 de febreiro de 2017, o ACORDO do tribunal encargado da selección de actrices/actores para a produción de 2017 do departamento de Produción Teatral da Agadic, Martes de Carnaval (As galas do defunto e A filla do capitán) polo que se procede á publicación definitiva da listaxe de persoas seleccionadas para a segunda fase, así como o calendario concreto das probas de interpretación.