-Cultura no Camiño 2017: inscrición de espectáculos e concertos

[09/02/2017] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xunto coa Axencia Turismo de Galicia poñen en marcha a quinta edición do circuítoCultura no Camiño, unha programación cultural destinada aos concellos polos que discorren os diferentes Camiños de Santiago que se desenvolverá entre o 15 de abril ao 30 de setembro.
 
Para a configuración do catálogo de espectáculos e concertos deste programa, Agadic abre un prazo do 10 ao 26 de febreiro para que todas as compañías e grupos interesados poidan inscribir os seus espectáculos/concertos a través da páxina web:  www. galescena.info.
 
Poderán rexistrarse espectáculos de teatro, danza, narración oral, novo circo, maxia e concertos de música de calquera modalidade, producidos e distribuídos por empresas dedicadas profesionalmente ás artes escénicas ou musicais e con sede na Comunidade Autónoma de Galicia. Quedan excluídas desta convocatoria as asociacións culturais e restantes entidades sen fins de lucro.
 
Instrucións para os grupos e compañías xa dados de alta en galescena.info:
 
1. Entrar na páxina www.galescena.infoe introducir usuario e contrasinal.

2. Comprobar na pestana de datos da compañía que estean cubertos todos os datos de facturación.

3. Na pestana de espectáculos/concertos están os espectáculos xa creados.

4. Revisar a información dos espectáculos/concertos. Pódese modificar calquera dato, así como crear un novo espectáculo/concerto.

5. Modificado ou creado o espectáculo/concerto, volver á pestana INICIO eASOCIARos espectáculos á Rede Cultura no Camiño. Se nón se realiza este último paso, os espectáculos non aparecerán na oferta.

6. Unha vez rematado todo o proceso os espectáculos/concertos pasarán a ser ofertados neste programa.
 

Instrucións para os grupos e compañías non dados de alta en galescena.info:
 
1. Entrar na páxina www.galescena.info e solicitar a alta como grupo ou compañía.

2. Una vez confirmada a alta pola Agadic (a través do correo electrónico). Entrar  na páxina co  usuario e contrasinal confirmados.

3. Entrar na zona privada e na pestana de espectáculos/concertos da compañía, crear o espectáculo ou concerto para ofertar á Rede Cultura no Camiño.

4. Creado o espectáculo/concerto, volver á pestana INICIO e ASOCIAR os espectáculos á Rede Cultura no Camiño senón se realiza este último paso os espectáculos non aparecerán na oferta.

5. Rematado o proceso os espectáculos/concertos pasarán a ser ofertados.
 
Máis información:
programacionagadic.1@xunta.es
programacionagadic.2@xunta.es
Tel: 881 996 087 | 881 886 088