-Selección de actrices/actores para a produción "Martes de Carnaval": publicación definitiva de persoas seleccionadas e calendario concreto das probas de interpretación

[20/02/2017] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe, 20 de febreiro de 2017, o ACORDO do tribunal encargado da selección de actrices/actores para a produción de 2017 do departamento de Produción Teatral da Agadic, Martes de Carnaval (As galas do defunto e A filla do capitán), polo que se publica a relación de persoas seleccionadas e, en anexo, a listaxe e puntuacións de suplentes.