-IV Premio "A Pegada do Eco" de Teatro Radiofónico da ESAD

[22/02/2017] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) colabora na cuarta edición do premio 'A Pegada do Eco' de teatro radiofónico, que organiza o Servizo de Dinamización Lingüística da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia co obxectivo de promover a creación dramática en galego, así como a recuperación do formato de radio-teatro. A entrega do galardón terá lugar coincidindo coa celebración do Día Mundial do Teatro na sede da ESAD en Vigo.

Prazo de admisión: Ata o día 21 de marzo de 2017
Premio: 200 € e un lote de libros teatrais doados pola Agadic
Bases na web da ESAD