-Foro "A transformación dixital da televisión" con Francisco Sierra o 21 de abril no MPXA

O Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA), en colaborción coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), organiza o foro "A transformación dixital da televisión", a cargo de Francisco Sierra, director de contidos de Atresmedia Dixital, que terá lugar o venres 21 de abril de 10.00 a 13.30 horas no Museo Santiago Rey Fernández-Latorre (Avda. da Prensa 84-85. Polígono Industrial de Sabón. Arteixo. A Coruña).

No seu relatorio, Francisco Sierra falará da tecnoloxía e o seu impacto na industria audiovisual, do cambio nos hábitos de consumo de televisión e dos novos modelos creados para adaptarse a eles. Centrarase no caso de Atresmedia e na aposta do grupo pola televisión social.

A inscrición é gratuíta. Prégase confirmar asistencia no enderezo electrónico: mpxa@udc.es.