-Inscrición e programa de Augal 2016-2017, a master class do audiovisual galego que comeza o 15 de marzo en Pontevedra

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a Universidade de Vigo organizan a sexta edición de Augal, a master class do audiovisual galego correspondente ao cuso 2016-2017, que se desenvolverá na facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra do 15 de marzo ao 3 de maio co seu programa habitual dedicado ás producións de películas galegas explicadas polos seus protagonistas.

DATAS: 15, 22, 29 marzo; 26 de abril e 3 de maio de 2017
HORARIO: de 16.00 h a 20.30 h
LUGAR: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus A Xunqueira
DURACIÓN: 20 horas (entregaranse diplomas de asistencia por parte da Agadic)
DIRIXIDO A: Estudantes, profesionais do sector e demais interesados e interesadas
MATRICULA: Gratuíta, enviando cuberta a folla de inscrición coa referencia AUGAL ao mail audiovisual.agadic@xunta.gal a partir do 7 de marzo (Prazas limitadas á capacidade da sala)

-Programa completo Augal 2017
-Folla de inscrición Augal 2017
-Cartel Augal 2017