-Xornadas "Industrias Musicais": A Coruña, marzo-xuño 2017

[07/03/2017] A Fundacion Paideia Galiza, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Estudios Mans organizan  as Xornadas 'Indutrias Musicais' para abordar e analizar as diferentes fase dun proxecto musical xunto con directores/as de festivais, produtores/as, programadores/as, medios de comunicación, críticos/as musicais...

O programa desenvolverase arredor de catro mesas redondas, que terán lugar os días 14 de marzo, 25 de abril, 23 de maio e 13 de xuño, de 19.00 a 21.00 horas, na sede da Fundación Paideia na Coruña (praza de María Pita, 17). Como remate de cada xornada, celebrarase un showcase dun/unha artista emerxente.

A matrícula é gratuíta, previa inscrición en www.paideia.es/eventos.

PROGRAMA
Presentan: Jacopbo Sutil, director da Agadic, e Guillermo Vergara, vicepresidente da Fudación Paideia
Modera: Teba Chacón. Radio Coruña Cadena Ser

14 de marzo
OS FESTIVAIS DE MÚSICA E OS SEUS DIFERENTES FORMATOS
As novas propostas, os novos públicos e as sías diversas formas

Relatores:
-Alberto Guijarro
Primavera Sound. Sala Apolo

-Iván Arias
Wos Inc. Work on Sunday. Matapadre

-Susana Laya
Atlantic Fest. New Life


25 de abril
AS SALAS E O SEU PAPEL
O papel das salas de concertos na programación musical e na industria

Relatores:
-Willy Naves
Sala Costello Club

-Carlos Espinosa
Presidente da Asociación Estatal de Salas Privadas de Música en Directo (ACCES)


23 de maio
XORNALISMO MUSICAL
“O xornalismo musical consiste en xente que non sabe escribir entrevistando a xente que non sabe falar para xente que non sabe ler” (Frank Zappa)

Relatores:
-Paula Quintana
Capitán Demo Radio 3

-Salva Ronko
Maketon 40 Vigo


13 de xuño
XESTIÓN DE TALENTO, QUE FAGO CO MEU MASTER?
Selos, lanzamento, promo e xira. Os pasos a seguir cun novo traballo

Relatorios:
-Paco Loco
Paco Loco Estudio

-Patricia Gabeiras
Legal Music

-Programa en pdf