-Curso de danza clásica con Óscar Torrado

O Centro Coreográfico Galego (CCG) inicia o seu programa formativo de 2017 co CURSO DE DANZA CLÁSICA que o bailarín Óscar Torrado impartirá na sede do CCG na Coruña (Complexo Deportivo de Elviña. Praza Agustín Díaz Sánchez, 1).

INSCRICIÓNS:
Ata o 31 de marzo, enviando o documento de solicitude de matrícula anexo a formacion.ccg@xunta.gal. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

DATAS:
Do 10 ao 14 de abril
Horarios: de 10.00 a 11.30 h, calse de nivel medio/avanzado; e de 11.30 a 13.00 h, puntas e ¡pas de deux'.

MATRÍCULA:
Alumnado activo: 50 euros
Alumnado oínte: 20 euros

ÓSCAR TORRADO
Bailarín clásico de proxección internacional, Óscar Torrado desenvolveu a súa traxectoria artística tanto dentro como fóra de España. Despois de graduarse con matrícula de honor no Real Conservatorio Profesional de Danza de Madrid, con 16 anos debutou co Ballet do Teatro Lírico Nacional, dirixido naquel entón por Maya Plisetskaya, onde continuou trala súa conversión en Compañía Nacional de Danza baixo a dirección de Nacho Duato.

Tras esta experiencia, entra como bailarín convidado no Ballet Nacional de Cuba, onde permanecerá durante 10 anos e chegará a ser bailarín principal, interpretando os principais papeis do repertorio clásico. Xunto a Laura Hormigón, con quen traballa habitualmente, tamén ten sido convidado a actuar en compañías como a Ópera de Tbilisi, o Rostov Ballet, o Canadian Ballet Theatre e o Ballet da Ópera Estatal Bashkirian.

En 2008 comeza o proxecto coreográfico ‘Noche española’, montaxe que combina afamadas pezas clásicas con outras da escola bolera, e co que ten participado en numerosos festivais. Membro do consello internacional da danza CID-Unesco, colabora desde hai cinco años no programa ‘El Conciertazo’ de TVE.

-Formulario de inscricion: galego e castelán