-Subvencións a festivais do sector audiovisual: resolución

[15/03/2017] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fai pública a relación de certames beneficiarios e contías concedidas ao abeiro da súa convocatoria de subvencións a festivais do sector audiovisual para 2017, segundo as bases publicadas no DOG núm. 245, do 26 de decembro de 2016.

 Solicitante  Certame  Adxudicado
 Concello do Carballiño  Xornadas de Cine e Video en Galicia 2017 (Xociviga 2017)  3.000,00 €
 Asociación Cultural Enfoques  XIII Play-Doc. Festival Internacional de Documentais de Tui  32.400,00 €
 ESE 8 Asociación Cultural  (S8) 8ª Mostra Internacional de Cinema Periférico  24.161,28 €
 Asociación FIC Bueu  Festival Internacional de Curtas de Bueu  22.000,00 €
 

Comisión
 
Presidente: Miguel Ángel Fernández Fernández
 
Vogais:
Xisela Franco Costas
María Fernández Villamarín
Irene Sandra Lourido Loureiro
 
Secretaria: María Dolores Meijomín Rodríguez

-Resolución en pdf