-Galicia ProFilme: sesión informativa MEDIA sobre desenvolvemento de proxectos audiovisuais

[16/03/2016] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza unha nova xornada do programa formativo Galicia ProFilme, a cargo da Fundación MEDIA e destinada a distintos aspectos relacionados coa liña europea de subvencións para desenvolvemento de proxectos audiovisuais, unha convocatoria que permanecerá aberta ata o 20 de abril de 2017.

Na sesión, que terá lugar o martes 21 de marzo ás 16.30 h na sede da Agadic (Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia. Santiago de Compostela), o responsable da oficina MEDIA España, Peter Andermatt, abordará cuestións como:

-Claves sobre os tipos de proxectos máis aptos para ser presentados.
-Visión panorámica dos proxectos españois seleccionados nos últimos dez anos.
-Datos recentes dos resultados destas axudas a nivel europeo.
-Guía práctica para presentar as solicitudes


Cómpre realizar inscrición previa no enderezo electrónico: audiovisual.agadic@xunta.gal
(Existe a posibilidade de concertar cita previa para consultas individuais o martes 21 ou o mércores 22 de 12.00 a 14.00 h).