-Redes da Agadic: inscrición de propostas artísticas para o segundo semestre de 2017

[28/03/2017] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) abre desde hoxe, 28 de marzo, ata o vindeiro 30 de abril o prazo de inscrición de espectáculos e concertos cara á configuración da programación do segundo semestre de 2017 da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) e Rede Galega de Salas (RGS). O trámite realízase a través do portal www.galescena.gal, seguindo estas instrucións:

-Grupos e compañías que NON estean dados de alta en galescena.gal:
1. Solicitar a alta como compañía teatral ou grupo musical.
2. Encher  todos os datos relativos á compañía ou grupo e premer no botón  enviar.
3. Agardar pola notificación que chegará ao correo electrónico de contacto, a través da que se confirmará a validación da compañía/grupo.
4. Entrar de novo en galescena.gal e crear as fichas dos espectáculos/concertos a ofertar.
5. Unha vez creadas as fichas, volver a INICIO e asocialas ás redes nas que a compañía ou grupo estea interesado en participa  (a normativa de funcionamento de cada unha das redes está dispoñible para a súa consulta no apartado de DOCUMENTACIÓN de galescena.gal).

-Grupos e compañías dados de alta en galescena.gal:
1. Entrar na páxina www.galescena.gal e introducir o usuario e contrasinal.
2. Na zona privada, comporbar na pestana de espectáculos/concertos da compañía os espectáculos que xa están creados.
3. Revisar a información de cada un dos espectáculos/concertos e modificar o que se considere oportuno.
4. Tamén se poden engadir novos espectáculos/concertos (engadir novo espectáculo).
5. Unha vez modificado ou creado o espectáculo/concerto, débese volver á pestana INICIO e asociar os espectáculos a cada unha das redes nas que se queira participa. Importante: se non se realiza este último paso, os espectáculos/concertos non aparecerán na oferta para os programadores dos diferentes espazos.
6. Rematado todo o proceso os espectáculos/concertos pasan a ser ofertados ás distintas redes.

En calquera destas tres Rede, tanto as compañías como os grupos que sexan contratados, xunto coa factura, deberán presentar os boletíns de cotización da Seguridade Socia  que indiquen que o día da actuación están dados de alta todos os seus integrantes.

Dentro deste portal, existe un documento de preguntas frecuentes con  información máis detallada de todos os pasos a seguir para inscribir ou modificar espectáculos.

En caso de dúbida, os contactos do departamento de Programación da Agadic son:
programacionagadic.1@xunta.gal
programacionagadic.2@xunta.gal
Tel: 881 996 087 / 088

Horario de atención ao público: de luns a venres, agás festivos, de 9.00 a 14.00 horas.