-Inscrición de espectáculos en Galicia Escena PRO 2017: formato completo e pitching

[28/03/2017] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza a cuarta edición do mercado Galicia Escena PRO, que terá lugar do 12 ao 15 de xuño en Santiago de Compostela.
 
Con tal motivo e a través da web www.galiciaescenapro.gal, abre ata o martes 11 de abril, ás 15.00 horas, o prazo de inscrición de espectáculos para as dúas vías de participación das compañías profesionais galegas:

-FORMATO COMPLETO:
Para espectáculos escénicos estreados desde o 1 xuño de 2016 e o 15 de xuño de 2017.
Poderanse presentar, así mesmo, espectáculos para a súa estrea no mercado.

-PITCHING:
Presentación de proxectos escénicos con data de estrea posterior ao 15 de xuño de 2017.
Durante seis minutos, a compañía poderá presentar o seu proxecto, ben de forma oral ou co apoio de medios audiovisuais.