-Misión comercial ao Marché du Film de Cannes: convocatoria para empresas galegas

[23/03/2017] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), participará no mercado de cine Marché du Film de Cannes, que terá lugar entre os días 17 e 26 de maio de 2017 no marco do festival internacional de cinema da localidade francesa..
 
Como en anteriores edicións, promoverase a presenza de empresas galegas no mercado contribuíndo ao financiamento do 50% dos gastos correspondentes a unha persoa por compañía que se deriven da acreditación no evento, pasaxe de avión e catro noites de aloxamento.

Pola súa banda, a Federación de Asociacións de Produtores Audiovisuais Españois (FAPAE) coordina a tramitación das acreditacións para poder acceder á tarifa 'umbrella' dentro do pavillón Cinema from Spain.
 
PROCEDEMENTO:
1) Comunicar o interese en participar escribindo un correo electrónico a audiovisual.agadic@xunta.gal.
 
2) Tramitar a acreditación baixo o 'stand umbrella' de Cinema from Spain, solicitándolle á FAPAE o código de inscrición a través do seu  director de Relacións Internacionais, Germán Mori, no teléfono 91 512 16 60 ou no correo internacional@fapae.es. Para figurar na guía do mercado, deberá formalizarase antes do 12 de abril.
 
3) Contactar coa axencia de viaxes, segundo o indicado pola Agadic, onde se facilitará información sobre as condicións de vóos e aloxamento e, se procede, realizar a reserva. Cómpre efectuar o pago por parte de cada produtora antes de proceder á confirmación. Tamén é preciso achegar o comprobante da acreditación para obter o correspondente desconto.
 
A cantidade a depositar na axencia de viaxes equivale á seguinte liquidación: (50% vóos + 50% hotel) - 50% acreditación

IMPORTANTE:  Este mercado presenta unha especial dificultade á hora de conseguir prazas hoteleiras, polo que se recomenda non demorar a reserva.
 
En todo caso, o prazo de confirmación de asistencia remata o mércores 26 de abril.