-Delegación comercial ao Sunny Side of the Doc (La Rochelle): convocatoria para empresas galegas

[24/04/2017] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e en colaboración co Clúster Audiovisual Galego (CLAG) e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), participará no mercado de documentais SUNNY SIDE OF THE DOC que terá lugar en La Rochelle (Francia) entre os días 19 e 22 de xuño.

Como na edición anterior, promoverase a participación dunha representación de empresas galegas no mercado contribuíndo ao financiamento do 50% dos gastos correspondentes a unha persoa por compañía que se deriven da acreditación no evento, pasaxe de avión e un máximo de 4 noites de aloxamento.
 
A organización acaba de ampliar o prazo para inscribir proxectos nas sesións de pitching que organiza o mercado:
 
 
PROCEDEMENTO A SEGUIR:
 
1) Comunicar a participación no correo electrónico audiovisual.agadic@xunta.es)
 
2) Facer a inscrición no mercado (acreditación) a través do enlace á páxina de ICEX:
 
 A convocatoria oferta dúas modalidades de acreditación, 'standard' ou 'premium', que aparecen detalladas na convocatoria.
 
O 50% do gasto efectuado en concepto de acreditación deducirase da cantidade a aboar por viaxe/aloxamento.
 
  
3) Contactar coa axencia de viaxes, seguindo o indicado pola Agadic, para efectuar a reserva (cómpre aboar a cantidade correspondente por parte de cada produtora antes da reserva definitiva).