-Convocatoria para o encontro de coprodución "Small Is Biútiful" 2017, promovido pola Asociación Espagnolas en París

Un ano máis, a Asociación Espagnolas en Paris, xunto coa Commission du Film d'lle-de-France, promove o encontro profesional SMALL IS BIÚTIFUL co obxectivo de fomentar a coprodución cinematográfica.

Esta convocatoria vai dirixida a proxectos que conten cunha parte de financiamento previo e teñan vocación internacional. Un dos requisitos para optar á presentación e dispoñer dun tratamento en español e en francés ou inglés (achéganse en arquivo información e ficha de inscrición).

O prazo de recepción remata o luns 29 de maio.

-Convocatoria 'Small Is Biútiful' 2017
-Ficha de inscrición