-Rede Galega de Música ao Vivo: prazos de programación para o 2º semestre de 2017

[05/06/2016] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre mañá día 6 de xuño o proceso para que as salas asociadas á Rede Galega de Música ao Vivo realicen as súas propostas de programación para o segundo semestre de 2017, de acordo cos seguintes prazos:

-Preprogramación: do 6 ao 16 de xuño
-Programación definitiva (para aquelas salas que teñan que cambiar algún dos grupos ou compañías que non acadaran a contratación mínima de dúas actuacións): do 19 ao 22 de xuño.

O período de contratación abrangue do 18 de xullo ao 31 de decembro.

O trámite realízase a través da intranet profesional da web Galescena.