-Pitching I+P, Ideas para producir, do Clúster Audiovisual Galego (Clag): aberta a recepción de proxectos ata o 10 de outubro

[27/07/2017] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) é unha das entidades colaboradoras do pitching “I+P, Ideas para Producir" do Clúster Audiovisual Galego (Clag), que desenvolverá a súa 11ª edición os días 22 e 23 de novembro en Santiago de Compostela.

As empresas e os profesionais do sector audiovisual que desexen participar no foro poden inscribir os seus traballos enviando por correo electrónico o formulario a comunicacion@clag.es ata o día 10 de outubro. O Clúster Audiovisual Galego comunicará a partir do día 30 de outubro os proxectos seleccionados para seren presentados no pitching.
 
O “I+P, Ideas para Producir” ten como obxectivo reunir produtores, guionistas e directores que teñan un proxecto de cine ou televisión, e que busquen alianzas empresariais de cara á súa coprodución, venda ou distribución, con directivos de canles de televisión, produtores executivos, distribuidores e responsables de vendas internacionais.

Entre todos os proxectos recibidos, un comité de expertos seleccionará quince para realizar un pitch diante de destacados axentes do sector audiovisual do noso país. Posteriormente celebraranse as reunións one to one entre os responsables dos proxectos e os compradores.

-Convocatoria
-Formulario de inscrición