-MIPCOM 2017: convocatoria para as empresas galegas

[28/07/2017] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Organización Universitaria, co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e en colaboración co Clúster Audiovisual Galego (Clag) e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), está a organizar a participación dunha delegación de empresas galegas no mercado de contidos audiovisuais MIPCOM, que terá lugar en Cannes (Francia) do 16 ao 19 de outubro de 2017. 

A Agadic terá presenza no pavillón Audiovisual from Spain, promovido polo Instituto de Comercio Exterior (ICEX), cun stand promocional e unha mesa de reunións a disposición dos profesionais galegos que a precisen para as súas xuntanzas de negocios.
 
Para favorecer esta delegación empresarial galega, a Agadic contribuirá o financiamento do 50% dos gastos correspondentes a unha persoa por compañía que se deriven da acreditación no evento, pasaxe de avión e un máximo de 4 noites de aloxamento.


PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE:
 
1. Comunicar a participación no MIPCOM a través do correo electrónico audiovisual.agadic@xunta.es.
 
2. Tramitar a acreditación no enlace: https://register.mipcom.com/LoginNew.aspx?pvlid=6c65b0e6-dc87-468c-8209-ecfb78632a01

O prezo do rexistro é de 690 € ata o 7 de setembro e de 755 € a partir desa data.  O 50% deste gasto deducirase da cantidade a aboar por viaxe/aloxamento.

Importante: No apartado 2 do formulario (CONTACT POINT) hai que indicar: AUDIOVISUAL FROM SPAIN (ICEX) / SPAIN
 
3. Contactar coa axencia de viaxes colaboradora para solicitar información sobre as condicións de vóos e  aloxamento e, se procede, realizar a reserva. Cómpre aboar a cantidade correspondente por parte de cada produtora para confirmar dita reserva.

Aqueles profesionais interesados en participar no evento MIPJUNIOR poden obter un desconto adicional do 50% nunha segunda acreditación, sempre que se comunique con antelación e exista crédito suficiente.