-Rede Galega de Música ao Vivo: bases e convocatoria de admisión de salas de música de titularidade privada

[22/08/2017] A Axencia Galega das Industrias Culturais abre a convocatoria de admisión de salas de música de titularidade privada para acoller a programación musical da Rede Galega de Música ao Vivo, segundo as bases publicadas no DOG núm. 158 do 22 de agosto de 2017.

Número máximo de salas: 35

Prazo de presentación: do 23 de agosto ao 22 de setembro de 2017

Presentación de solicitudes: Para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as representantes dunha das anteriores, obrigatoria por vía electrónica a través do portal https://sede.xunta.gal. Para aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, preferiblemente por esta vía e, de xeito alternativo, presencialmente por calquera dos medios que se especifican nas bases e utilizando o formulario normalizado.