-Delegación galega ao mercado cinematográfico Ventana Sur de Bos Aires: convocatoria


[14/09/2017] Do 27 de novembro ao 1 de decembro terá lugar o mercado cinematográfico VENTANA SUR de Bos Aires e, como vén sendo habitual, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica, e en colaboración co Cluster Audiovisual Galego e a Asociación Galega de Produtoras Independentes, promove unha delegación de empresas galegas interesadas en participar neste evento. 
 
Para realizar a viaxe propóñense as seguintes datas:
 
-Saída de Galicia: sábado 25 de novembro (escala en Madrid con saída ás 23:50 horas)
 
-Saída de Bos Aires: venres 1 de decembro ou sábado 2 de decembro, en función de axendas e prezos finais.
 
A Agadic asume o 50% dos gastos correspondentes a vóos e aloxamento dun asistente por cada compañía. As acreditacións serán gratuítas. Por razóns loxísticas, é importante comunicar canto antes o interese inicial en formar parte da delegación.