-Inscrición de espectáculos e concertos na Rede Galega de Teatros e Auditorios e na Rede Galega de Salas: primeiro semestre de 2018

[20/09/2017] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre do 20 de setembro ao 20 de outubro de 2017 o novo prazo de inscrición de espectáculos e/ou concertos en dous dos seus circuítos de distribución de espectáculos escénicos e musicais:

-Rede Galega de Teatros e Auditorios
-Rede Galega de Salas
 

O trámite realízase a través da web galescena.info, seguindo os seguintes pasos:

-Instrucións para os grupos e compañías que NON estean dados de alta en galescena.info:
1º Solicitar a alta como compañía teatral ou grupo musical.
2º Encher  todos os datos relativos á compañía ou grupo e premer no botón  enviar.
3º Agardar pola notificación que chegará ao correo electrónico de contacto, a través da que se confirmará a validación da compañía/grupo.
4º Entrar de novo en galescena.info e crear as fichas dos espectáculos/concertos a ofertar.
5º Unha vez creadas as fichas, volver a INICIO e asocialas ás redes nas que a compañía ou grupo estea interesado en participa  (a normativa de funcionamento de cada unha das redes está dispoñible para a súa consulta no apartado de DOCUMENTACIÓN de galescena.info).

-Instrucións para grupos e compañías dados de alta en galescena.info:
1º Entrar na web co usuario e contrasinal habituais.
2º Na zona privada,, acceder á pestana de espectáculos/concertos para ver as fichas creadas con anterioridade.
3º Revisar a información de cada un dos espectáculos/concertos, modificando o que se estime oportuno, ou crear novas fichas de espectáculos/concertos.
4º Unha vez modificado ou creado o espectáculo/concerto, voltar á pestana INICIO e asociar as fichas ás redes nas que se queira participar (paso imprescindible para figurar entre os espectáculos/concertos ofertados).
5º Rematado todo o proceso, os espectáculos/concertos pasan a ser ofertados ás distintas Redes.

A medida que se van cumprimentando os datos, o propio sistema indica cal é o seguinte paso.

No caso de ser contratados/as en calquera das tres redes, tanto as compañías como os grupos, xunto coa factura haberá que presentar os boletíns de cotización da Seguridade Social, que indiquen que o día da actuación están dados de alta todos os membros da compañía e grupo. 
 
Dentro desta páxina, existe un documento de preguntas frecuentes con  información máis detallada de todos os pasos a seguir para inscribir ou modificar espectáculos.

En caso de dúbida, os contactos do departamento de Programación da Agadic son:
programacionagadic.1@xunta.gal
programacionagadic.2@xunta.gal
Tel: 881 996 087 / 088

Horario de atención ao público: de luns a venres, agás festivos, de 9.00 a 14.00 horas.