-Pitching I+P Ideas para Producir do Clag: seleccionados os 15 proxectos que participarán na 11ª edición o 22 e 23 de novembro en Santiago

O Cluster Audiuovisual Galego (Clag) deu a coñecer o nome dos 15 proxectos seleccionados para a undécima edición do seu pitching I+P Ideas para Producir, que terá lugar os días 22 e 23 de novembro en Santiago de Compostela. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) é unha das entidades que colaboran nesta iniciativa, destinada a presentarlles as devanditas propostas aos responsables de canles de televisión, produtoras e distribuidoras de primeiro nivel.

Os 15 proxectos finalistas foron elixidos entre un total de 103 recibidos. Os traballos seleccionados encóntranse en distintas fases de desenvolvemento e inclúen longametraxes de ficción, documentais, series e outros formatos para televisión:

  • EL SANTA ISABEL, longametraxe de Agallas Films.
  • TRES FLORES SIN PIEDAD, serie de televisión de CTV.
  • JOSEFINA, longametraxe de Javier Marco.
  • MILLENIALS, formato para televisión de Producciones Vigo.
  • EINSTEIN-ROSEN, longametraxe de Miss Movies Producciones.
  • HISTORIAS MÍNIMAS, formato divulgativo para televisión de Tamboura Films.
  • ANIMALES DOMÉSTICOS, longametraxe de Sinpuerto Producciones.
  • CALIMA, serie de televisión de Jugoplástika.
  • RAPA, documental de Mondotropo.
  • PRESS OFFICE, sitcom de Chema Gagino.
  • CAFÉ DE NOCHE, serie de televisión de Eva Pérez.
  • A LOITA, documental de Agallas Films.
  • YOUTUBER EN PRÁCTICAS, docureality de Chiripa.
  • VALLECAS RUNNING CLUB, serie de televisión de Dserie Producciones.
  • LA RUTA, serie de televisión de Begoña Soler.

O programa desta undécima edición de I + P Ideas para Producir dará comezo o día 22 co foro A narrativa das series transmedia, que abordará as claves do éxito das ficcións que se apoian neste novo universo, que está cada vez máis de moda dentro do panorama audiovisual actual. A xoranada do 23 dedicarase por completo ás sesións de pitching e ás reunións one-to-one entre os participantes.

-Máis información