-AuGAL Master Class Audiovisual Galego 2018-2019: inscricións e programa

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a Universidade de Vigo organizan a oitava edición de AuGAL, a Master Class do Audiovisual Galego correspondente ao cuso 2018-2019. Como en anteriores convocatorias, desenvolverase na facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra do 26 de novembro ao 16 de abril co seu programa habitual dedicado a producións galegas explicadas polos seus protagonistas e coa novidade da inclusión de varios talleres sobre cor, dirección de fotografía, son e guión.


  • DATAS: 26 e 27 de novembro, 12 de decembro, 5 e 12 de febreiro, 11 e 25 de marzo, 16 de abril
  • HORARIO: de 16.00 h a 19.30 h
  • LUGAR: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Campus A Xunqueira (Pontevedra)
  • DURACIÓN: 40 horas (entregaranse diplomas de asistencia por parte da Agadic)
  • DIRIXIDO A: Estudantes, profesionais do sector e demais interesados e interesadas
  • MATRICULA: Gratuíta, enviando cuberto o formulario de inscrición coa referencia AUGAL ao mail audiovisual.agadic@xunta.gal a partir do 17 de novembro (prazas limitadas á capacidade da sala).

-Formulario de inscrición
-Programa AUGAL 2018-2019