-Rede Galega de Teatros e Auditorios e Rede Galega de Salas: prazos de programación para o 1º semestre de 2018

[10/11/2017] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre desde hoxe e ata o 24 de novembro o prazo para que os espazos da Rede Galega de Teatros e Auditorios e da Rede Galega de Salas realicen as súas propostas de programación para o primeiro semestre de 2018.

Neste semestre, os mínimos de contratación (2 contratacións por espectáculo) só se aplicarán ás compañías teatrais de fóra de Galicia.

Obrigas dos grupos e compañías:

  • Os integrantes das compañías e grupos contratados a través de calquera destes circuítos deberán estar dados de alta na Seguridade Social os días das actuacións.
  • Os contratos que emite a Agadic realízanse a partir dos datos que cada compañía e grupo debe cumprimentar no apartado de datos fiscais da súa ficha no web de Galescena. Unha vez emitido o contrato, non se poderán realizar cambios nos datos de facturación.
O trámite realízase a través da intranet da web Galescena, onde se atopan tamén as listaxes das persoas encargadas da programación de cada un dos espazos en rede.