-Catálogo Shorts from Galicia 2018: recepción de curtametraxes ata o 13 de decembro

[13/11/2016] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) pon en marcha un proceso de selección de curtametraxes para unha nova edición do catálogo SHORTS FROM GALICIA, que se promoverá nos eventos internacionais do sector durante 2018.
 
As obras presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:
 
- Dirección a cargo dun realizador/a galego/a
- Primeira proxección pública con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2017

Una comisión será a encargada de seleccionar os traballos deste catálogo de acordo con criterios de calidade e potencialidade de participación en festivais internacionales.

Para participar neste proceso de selección, cómpre enviar este formulario ao enderezo electrónico audiovisual.agadic@xunta.es, especificando no asunto SHORTS FROM GALICIA. O prazo de recepción remata o mércores 13 de decembro de 2017.
 
As curtas serán tratadas con absoluta confidencialidade por parte da Agadic.

-Formulario Shorts from Galicia 2018
-Catálogo 2017 en liña