-Catálogo e vídeo promocional Films from Galicia 2018: recepción de materiais ata o 1 de decembro



[14/11/2017] A Axencia Galega das Industrias Culturais está a actualizar o vídeo e o catálogo de producións e empresas audiovisuais galegas, que será difundido nos mercados internacionais do sector durante 2018.

O prazo para a recepción do material que se detalla a continuación manterase aberto ata o venres 1 de decembro de 2017:

1.- INFORMACIÓN DE EMPRESAS E PRODUTOS, para a que se facilitan os seguintes formularios online:

-NOVIDADES
-ACTUALIZACIÓNS respecto ao catálogo 2017
 
É moi importante que a información sexa moi clara e que se use linguaxe comercial.  A Agadic pon a disposición do sector un servizo de tradución ao inglés, de xeito que a información pode ser enviada no idioma orixinal.

2.- IMAXE REPRESENTATIVA da produción ou proxecto, preferiblemente un cartel (en inglés) ou fotograma atractivo en calidade apta para impresión (tamaño mínimo 10 x 15 cm, 300 ppp). A elección da imaxe é crucial non só para o produto, senón para a presentación da industria galega en xeral.

3.- CORTE DE VÍDEO (30 segundos de duración, aproximadamente) e o contrasinal, de ser preciso.

A imaxe e o enlace ao corte de vídeo deben achegarse por correo electrónico, indicando o nome da obra a que pertencen, ao seguinte enderezo: filmsfromgalicia@origamiestudio.com.

Admitiranse unicamente producións de 2017 en diante. Aquelas obras que neste momento estean en fase de produción incluiranse como rematadas coa finalidade de dar unha imaxe o máis actualizada posible. No caso dos proxectos é importante incluír só aqueles que teñan asegurada a viabilidade, é dicir, aqueles que se poidan amosar en edicións posteriores do catálogo. É preciso completar un formulario por cada produción.