-Rede Galega de Música ao Vivo: inscrición de concertos para o primeiro semestre de 2018

[21/11/2017] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre do 21 de novembro ao 8 de decembro de 2017 o prazo de inscrición de concertos na Rede Galega de Música ao Vivo cara á configuración da programación que acollerá este circuíto no primeiro semestre de 2018.

O trámite realízase a través do web www.galescena.gal, seguindo as seguintes indicacións:
 
Grupos musicais que NON estean dados de alta en Galescena

  1. Solicitar a alta como grupo musical.
  2. Encher  todos os datos relativos ao grupo e premer no botón  enviar.
  3. Agardar pola notificación que chegará ao correo electrónico de contacto, a través da que se confirmará a validación do grupo.
  4. Entrar de novo en galescena.gal e crear as fichas dos concertos que se queiran ofertar.
  5. Unha vez creadas as fichas, volver a INICIO e asociarlas á RGMV.

Grupos que SI estean dados de alta en Galescena
  1. Entrar na páxina www.galescena.info e introducir usuario e contrasinal.
  2. Na zona privada,  comprobar na pestana de concertos os que xa están creados.
  3. Revisar a información de cada un dos concertos e modificar o que se considere oportuno.
  4. Tamén se pode crear un novo concerto (engadir novo concerto).
  5. Unha vez modificado ou creado o concerto, é preciso volver á pestana INICIO e asocialo á RGMV. Este paso é imprescindible para que o devandito concerto apareza na oferta que se lles achegará aos programadores.
Unha vez rematado todo o proceso os concertos rexistrados pasan a ser ofertados á Rede Galega de Música ao Vivo. Hai que ter en conta que para que un grupo sexa contratado deberá conseguir un mínimo de dúas actuacións neste primeiro período de programación de 2018.

Dentro da páxina existe a pestana preguntas frecuentes coa información detallada de todos os pasos a seguir para inscribir ou modificar concertos, ademais dun apartado coa normativa da rede.

En caso de dúbida, os contactos do departamento de Programación da Agadic son:
programacionagadic.1@xunta.gal
programacionagadic.2@xunta.gal
Tel: 881 996 087/ 881 996 088

Horario de atención ao público: de luns a venres, agás festivos, de 9.00 a 14.00 horas.