-Delegación audiovisual galega ao European Film Market de Berlín: convocatoria

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participará na vindeira edición do mercado de cine European Film Market de Berlín, que terá lugar entre os días 15 e 23 de febreiro de 2018.
 
A Agadic terá presenza no pavillón Cinema from Spain, promovido por ICEX España Exportación e Inversiones, cun stand promocional e unha mesa de reunións a disposición dos profesionais galegos que a precisen para as súas xuntanzas de negocios.
 
Así mesmo, promove a asistencia dunha representación de empresas galegas no mercado contribuíndo ao financiamento do 50% dos gastos correspondentes a unha persoa por compañía que se deriven da acreditación no evento (modalidade market badge, ata o 30 de novembro 250 euros), pasaxe de avión e 4 noites de aloxamento.

Como datas de referencia establecemos a saída o venres 16 e o regreso o martes 20, con posibilidade de adaptalas ás necesidades de axenda dos interesados/as.
 

PROCEDEMENTO:
 
1) Comunicar o interese respostando a este correo (audiovisual.agadic@xunta.es), no prazo máis breve posible e en todo caso antes do 20 de decembro, para facer unha estimación de custes, dos que seredes informados/as.
 
2) Tramitar a acreditación a través deste ENLACE. (O 50% do custe da acreditación deducirase da cantidade a aboar por viaxe/aloxamento).

3) Contactar coa axencia de viaxes que se vos indicará, onde se vos facilitará información sobre as condicións finais de vóos e  aloxamento e, se procede, realizar a reserva. (Cómpre aboar a cantidade correspondente por parte de cada produtora para confirmar a reserva).