-Proceso de selección de sete actrices e actores para a produción de "Divinas palabras": relación de persoas seleccionadas e corrección de erros

-CORRECCIÓN DE ERROS

[06/02/2018] Corrección de erros do acordo do tribunal do proceso de selección de actores e actrices para Divinas palabras, produción do ano 2018 do Departamento de Produción Teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), publicado o 5 de febreiro de 2018.

-Corrección de erros do acordo do tribunal do 5 de febreiro
________________________________________________________________________________________________________

-ACORDO DO TRIBUNAL:  RELACIÓN DE PERSOAS SELECCIONADAS


[05/02/2018] Acordo do tribunal do proceso de selección de actores e actrices para Divinas palabras, produción do ano 2018 do Departamento de Produción Teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), polo que confirman as puntuacións acadadas na segunda fase, se declara apto na proba de lingua galega a Tomé Vieitez Montero e se publica a relación das persoas seleccionadas.

-Acordo do tribunal do 5 de febreiro
________________________________________________________________________________________________________


-ACORDO DO TRIBUNAL:  PUNTUACIÓNS DEFINITIVAS DAS PERSOAS ASPIRANTES E CONVOCATORIA DA PROBA DE GALEGO

[01/02/2018]
Acordo do tribunal do proceso de selección de actores e actrices para Divinas palabras, produción do ano 2018 do Departamento de Produción Teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), polo que se procede á publicación das puntuacións definitivas obtidas polas persoas aspirantes, resultado da suma das puntuacións nas dúas fases (valoración de méritos profesionais e probas de interpretación), e convocatoria da proba de coñecemento da lingua galega a Tomé Vieitez Montero.

-Acordo do tribunal do 1 de febreiro de 2018
________________________________________________________________________________________________________

-ACORDO DO TRIBUNAL: PUBLICACIÓN DAS PUNTUACIÓNS OBTIDAS POLAS PERSOAS ASPIRANTES NA SEGUNDA FASE (PROBAS DE INTERPRETACIÓN)


[24/01/2018] Acordo do tribunal do proceso de selección de actores e actrices para Divinas palabras, produción do ano 2018 do Departamento de Produción Teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), polo que se procede á publicación das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes na segunda fase (probas de interpretación) e se concede un prazo de cinco días hábiles para os efectos das alegacións.

-Acordo do tribunal do 24 de xaneiro de 2018

________________________________________________________________________________________________________

-ACORDO DO TRIBUNAL PARA A INCLUSIÓN DUNHA ASPIRANTE E MODIFICACIÓN DA CONVOCATORIA DE TRES PERSOAS NAS PROBAS DE INTERPRETACIÓN


[12/01/2018] Publícase o acordo do tribunal do proceso de selección de actores e actrices para Divinas palabras, produción do ano 2018 do Departamento de Produción Teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), polo que se revisa de oficio a puntuación dunha aspirante na primiera fase e se inclñue no calendario para a segunda fase (proba de interpretacións), ademais de aceptar as alegacións de tres persoas para modificar a súa convocatoria ás devanditas probas.

-Acordo do tribunal do 12 de xaneiro de 2018

________________________________________________________________________________________________________

-ACORDO DO TRIBUNAL PARA REVISAR E CAMBIAR PUNTUACIÓNS, PUBLICAR A LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS SELECCIONADAS PARA A SEGUNDA FASE E ESTABLECER O CALENDARIO DAS PROBAS DE INTERPRETACIÓN


[08/01/2018] Publícase o acordo do tribunal do proceso de selección de actores e actrices para Divinas palabras, produción do ano 2018 do Departamento de Produción Teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), polo que se establecen as correspondentes puntuacións tras examinar 15 alegacións recibidas, se acepta a renuncia a facer a proba de interpretación presentada po Roberto Leal Jiménez, se publica a listaxe de persoas seleccionadas definitivamente para a segunda fase (probas de interpretación) e se establece o calendario para as devanditas probas.

-Acordo do tribunal do 8 de xaneiro de 2018

________________________________________________________________________________________________________

-RESOLUCIÓN PARA A INCLUSIÓN DE DÚAS SOLICITANTES NA LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS

[28/12/2017] Publícase a resolución do 28 de decembro de 2017 polo que se inclúen dúas persoas solicitantes na listaxe definitiva de perosas admitidas no proceso de selección de actrices e actores para a produción do ano 2018 do Departamento de Produción Teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais, Divinas palabras.

-Resolución do 28 de decembro de 2017

________________________________________________________________________________________________________

-ACORDO DO TRIBUNAL: NOTAS MÍNIMAS DE VALORACIÓN POR PERSONAXES E PUNTUACIÓNS DE ASPIRANTES NA PRIMEIRA FASE

[28/12/2017] Publícase o acordo do tribunal do 28 de decembro de 2017 polo que se establecen as notas mínimas de valoración para cada personaxes e se fan públicas as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes na primeira fase, resultado da valoración dos méritos profesionais agrupados por cada personaxe.

-Acordo do tribunal do 28 de decembro de 2017

________________________________________________________________________________________________________

-LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS

[22/12/2017] Publícase a resolución do 22 de decembro de 2017 polo que se aproba a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso de selección de actrices e actores para a produción do ano 2018 do Departamento de Produción Teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais, Divinas Palabras:

-Resolución de aprobación e publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas

________________________________________________________________________________________________________

-LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS

[14/12/2017]
Publícase a resolución do 14 de decembro de 2017 polo que se aproba a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de selección de actrices e actores para a produción do ano 2018 do Departamento de Produción Teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais, Divinas Palabras:

-Resolución de aprobación e publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas

________________________________________________________________________________________________________

-NOMEAMENTO DO TRIBUNAL

[14/12/2017] Publícase a resolución do director da Agadic pola que se nomea o tribunal cualificador deste proceso selectivo:

-Resolución de nomeamento do tribunal

________________________________________________________________________________________________________

-CONVOCATORIA E BASES


[27/11/2017] Publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) núm. 225, do 27 de novembro de 2017, o anuncio polo que se procede a dar publicidade da convocatoria e das bases reguladoras do proceso de selección para a contratación, pola modalidade de relación laboral especial de artistas en espectáculos públicos, conforme o disposto no Real decreto 1435/1985, do 1 de agosto, de sete (7) prazas de actrices e actores, coa categoría de principais, para a produción do Centro Dramático Galego no ano 2018 dunha versión libre de Divinas Palabras de Ramón María del Valle-Inclán.

Segundo o devandito anuncio, o proceso rexerase polas bases que se poden descargar nos seguintes enlaces e o prazo de presentación estenderase desde mañá, martes 28 de novembro de 2017, ata o mércores 13 de decembro de 2017.

ENLACES:
-Bases da convocatoria
-Anexo I (pdf editable)

-Anuncio no DOG núm 225, do 27 de novembro de 2017