-Subvencións a salas de artes escénicas: convocatoria

Estado: Convocadas
 
Data de publicación: 22  de decembro de 2017
 
Prazo de presentación: Do 23 de decembro de 2017 ao 22 de xaneiro de 2018
 
Presentación das instancias: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. A presentación electrónica é obrigatoria para as para as persoas xurídicas e as súas representantes. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica tamén poden presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado.
 
Convocatoria: DOG núm. 242, do 22 de decembro de 2017