-Subvencións á produción escénica: convocatoria

Estado: Convocadas

Data de publicación: 26  de decembro de 2017

Prazo de presentación: Do 27 de decembro de 2017 ao 26 de xaneiro de 2018

Presentación das instancias: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. A presentación electrónica é obrigatoria para as para as persoas xurídicas e as súas representantes. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica tamén poden presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado.

Convocatoria: DOG núm. 243, do 26 de decembro de 2017