-Premios literarios da Agadic no eido dramático 2018 (Álvaro Cunqueiro, Manuel María e Barriga Verde): convocatoria

XXIV Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais
X Premio Manuel María de literatura dramática infantil
XIII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques. Modalidades para rapaces e para adultos

Estado: Convocados

Data de publicación: 28 de decembro de 2017

Prazo de presentación: do 29 de decembro de 2017 ata o 10 de maio de 2018

Convocatoria: DOG núm 245, de 28 de decembro de 2017 (pdf, 641 Kb)

Presentación: Os textos presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do portal https://sede.xunta.gal. A presentación electrónica é obrigatoria para as persoas xurídicas e as súas representantes. Para o caso das persoas físicas, estas tamén poderán presentar os textos de xeito presencial en calquera dos rexistros establecidos na normativa reguladora, como así se establece nas bases, utizando o modelo de solicitude.

Prazo de resolución: antes do 15 de novembro de 2018