-Programa Residencias Paraíso 2019: convocatoria aberta ata o 11 de febreiro

O Colectivo RPM e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) colaboran na terceira edición de Residencias Paraíso, programa de residencias artísticas de investigación e creación contemporánea arredor da danza e das artes do movemento. 
Paraíso 2018 acollerá ata 10 proxectos en residencia en distintos escenarios galegos, cunha dotación de 20.000 euros en total. As residencias desenvolveranse entre abril e novembro de 2019.

Os espazos colaboradores deste ano son:

- Teatro Rosalía Castro (A Coruña)
- Auditorio Municipal Gustavo Freire (Ourense)
- Fundación Luis Seoane (A Coruña)
- Pazo da Cultura (Carballo)
- Pazo da Cultura (Narón)
- Centro Cultural Vello Cárece (Lugo)
- Sala Agustín Magán do CSC Santa Marta (Santiago de Compostela)
- Sala X da Facultade de Belas Artes (Pontevedra)
- Teatro Colón (A Coruña)
- Igrexa Santa María da Magdalena e/ou Auditorio Manuel María da Casa da Cultura (Ribadavia)

O prazo de envío da información necesaria para participar nesta edición pechará o día 11 de febreiro e está aberta a artistas do territorio galego e do panorama nacional.

Máis información e inscricións na web do colectivo RPM.