-Xornadas "A música en directo. Somos profesionais?": A Coruña, 1 de febreiro, 1 de marzo e 5 de abril

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) colabora coa Fundación Paideia na organización un novo ciclo de xornadas sobre a industria musical. Nesta ocasión, as sesións abordarán a situación laboral dos músicos emerxentes incidindo na lexislación en materia fiscal e na necesidade do rexistro das obras como base para una maior profesionalización do sector:

• 1 DE FEBREIRO > SEGURIDADE SOCIAL. POR QUE? PARA QUE? SÓ QUERO TOCAR...
Con Juan Alberto Martínez, cantante e guitarrista do grupo Niños Mutantes, Javier Fernández, inspector de Traballo e Seguridade Social, e Ricardo P. Ron, catedrático da Escola Universitaria de Dereito do Traballo e Seguridade Social da Universidade da Coruña.

• 1 DE MARZO > DEREITOS E OBRIGAS DOS MÚSICOS/AS E PROMOTORES EN MATERIA TRIBUTARIA
Con Víctor Antón Rodríguez, Director de Gaias Eventos Musicales, Enrique Gómez, da Dependencia rexional de Inspección AEAT en Galicia e un xurista experto na materia (pendente de confirmación).

• 5 DE ABRIL> COMO PROTEXER A NOSA MÚSICA?
Con Víctor Salgado, socio-director de Pintos&Salgado Abogados, Beatriz Patiño, doctora en Dereito e experta en Propiedade Intelectual e un artista (pendente de confirmación).

PRESENTAN:
Jacobo Sutil, director da Agadic
Guillermo Vergara, vicepresidente de Fundación Paideia Galiza

MODERA:
Marga Pazos, xornalista TVG


INSCRICIÓN: www.paideia.es/eventos

LUGAR:
Fundación Paideia Galiza
Praza María Pita, 17
15001 A Coruña

HORARIO: De 19.00 a 21.00 h.