-Womex 2018 nas Palmas de Gran Canaria: recepción de propostas ata o 16 de marzo

[24/01/2018] WOMEX, a meirande feira internacional de world music, desenvolverá a súa edición de 2018 do 24 ao 28 de outubro nas Palmas de Gran Canaria. A organización acaba de abrir ata o 16 de marzo o prazo de recepción de propostas para a súa programacion de showcases, sesións de DJ, proxeccións audiovisuais e conferencias a través deste enlace: http://womex-apply.com

Tanto os artistas e grupos, como os DJ's e relatores serán seleccionados polos seus respectivos xurados independentes, mentres que os filmes serán elixidos polo propio Film Team de WOMEX.

Así mesmo, existen máis posibilidades de participar en Womex como organizador/a dunha recepción ou presentación ou formando parte dun stand na WOMEX Trade Fair, entre outras.