-Cinemas de Galicia: convocatoria de inscrición de longamentraxes para o catálogo de 2018

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre o prazo para a inscrición de longametraxes cinematográficas galegas para o catálogo do programa Cinemas de Galicia 2018.

As películas deben cumprir os requisitos referidos neste FORMULARIO NORMALIZADO, que deberá ser empregado para a presentación das solicitudes no correo electrónico: cinemas.agadic@xunta.gal.

Así mesmo, deberán xuntar debidamente cumprimentado o DOCUMENTO DE ADHESIÓN ao programa, referido ás condicións de contratación, a resolución de calificación expedida polo Instituto de la Cinematografía y de las Artes Visuales (ICAA) do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, así como dous fotogramas e o cartel da longametraxe, todo en formato .JPEG.

O prazo de recepción das solicitudes remata o 28 de febreiro de 2018.

Teléfono de información: 881 996 089