-Convocatoria para participar na delegación empresarial galega do MIPTV 2017: Cannes, do 9 ao 12 de abril

[23/02/2018] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) , participará no mercado de contidos audiovisuais MIPTV, que terá lugar en Cannes (Francia) entre os días 9 e 12 de abril de 2018.

A Agadic terá presenza no pavillón Audiovisual from Spain promovido por ICEX España Exportación Inversiones, cun 'stand' promocional e unha mesa de reunións a disposición dos profesionais galegos que a precisen para as súas xuntanzas de negocios.
 
Así mesmo, promóvese a participación dunha representación de empresas galegas no mercado contribuíndo ao financiamento do 50% dos gastos correspondentes a unha persoa por compañía e que se deriven da acreditación no evento, pasaxe de avión e un máximo de 4 noites de aloxamento.
 
 
PROCEDEMENTO:
 
1) Comunicar a participación ao mail audiovisual.agadic@xunta.gal
 
 2) Tramitar a acreditación a través do enlace https://register.miptv.com/LoginNew.aspx?pvlid=f53a2d70-fcf7-48d2-85ba-f99776bfd6de

- O prezo do rexistro é de 680 euros ata o 3 de marzo e de 750 euros a partir do día 4.  O 50% deste gasto deducirase da cantidade a aboar por viaxe/aloxamento.

- No apartado 2 do formulario (CONTACT POINT) hai que indicar: AUDIOVISUAL FROM SPAIN (ICEX) / SPAIN
 
3) Contactar coa axencia de viaxes que se inficará por mail para solicitar a información sobre as condicións de vóos e  aloxamento e, se procede, realizar a reserva. Cómpre aboar a cantidade correspondente por parte de cada produtora para confirmar dita reserva.

Este ano celebrarase a primeira edición do evento In development.  Para poder asistir é preciso estar pre-rexistrado e unha vez que se teña tramitado a acreditación no MIPTV, co enlace umbrella se deberá cubrir a solicitude no enlace: https://reedmidem.formstack.com/forms/in_development

IMPORTANTE: Neste momento contamos con oito habitacións bloqueadas no Hotel Ibis Budget Center de Cannes (céntrico, permite ir ao mercado a pé), que se adxudicarán por orde de confirmación.