-Cultura no Camiño: prazo de programación para os concellos rexistrados

[06/03/2018] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) abre do 6 ao 22 de marzo o prazo de programación para os 106 concellos rexistrados este ano  no programa Cultura no Camiño, circuíto promovido xunto con Turismo de Galicia co obxectivo de contribuír á dinamización cultural das localidades polas que transcurren as diferentes rutas xacobeas.

O trámite realízase a través de www.galescena.gal


Lembramos que as formacións contratadas deberá presentar, xunto coa factura, una copia da alta na Seguridade Social de todos/as intérpretes do día de cada unha das actuacións (Modelo TA2, resolución sobre o recoñecemento de alta na Seguridade Social ou recibo de autónomos) e o certificado de actuación emitido polo concello.

-Listaxe dos concellos participantes en Cultura no Camiño 2018